COLEGAS

martes, 24 de septiembre de 2013

Sapoconcho americano no río Loña.

Os pasados días 16 e 17 de setembro de 2013 foi atopado un sapoconcho americano no río Loña. A presenza dos sapoconchos americanos (Trachemys scripta) é frecuente nos cursos fluviais do entorno urbán da cidade de Ourense, onde se ten constatado a súa reproducción en liberdade no río Barbaña, e diversas charcas artificiais en parques urbanos.

O sapoconcho americano é unha especie alóctona que esta presente na nosa provincia ao redor das grandes vilas e cidades, competindo polo hábitat co sapoconcho común (Emys orbicularis), podendo incluso desplazalo e contaxiarlle enfermidades infecciosas. A presennza do sapoconcho americano no medio natural ourensán é debida á solta indiscriminada de exemplares que se manteñen en catividade como mascotas.

Agora ben, recentemente unha revisión sistemética das diferentes subespecies de Trachemys scripta feita no contimente americano, elevou ao rango de especies moitas das poboacións consideradas subespecies desta especie, sobre todo en meso e centroamérica.

As características observadas neste exemplar, como o diseño facial ou o gran tamaño do exemplar fan pensar que non se trata dunha Trachemys scripta típica, senón outra especie estreitamente emparentada, como é Trachemys venusta ou sapocoincho centroamericano, presente no ismo centroamericano dende Veracruz, en México hasta o oeste de Colombia.

A ver que comentan os expertos.


























1 comentario:

  1. Nas fotos apréciase un buraquiño no na zona central da metade esquerda do caparazón. Pregúntome como lle fixeron ese buraco. Espero que non fose co trade...

    ResponderEliminar